Este mércores administraráse a segunda dose da vacina ós sanitarios

A provincia mantén o bo ritmo de vacinación que deu comezo co mes de xaneiro. Onte administráronse 750 doses nunha vintena de residencias ourensás e hoxe foi a queda desa segunda vacina noutras dez residencias. A Área Sanitaria de Ourense administrou xa un total de 18.127 vacinas. Dese total, 4.465 persoas recibiron unha soa dose e 6.831 as dúas doses. Esta relación de datos correspondese a esta fin de semana, polo que a cifra que varía é o total, que xa ronda as 20.000 doses administradas. En canto as persoas que recibiron a segunda dose e están inmunizadas, xa superan as 7.500 cas vacinas postas onte e hoxe. Nestas cifras ademais das residencias tamén están incluídos os sanitarios de primeira liña.

Dende o Sergas anuncian que este mércores comezará a administración da segunda dose ós sanitarios que xa recibiron a primeira. Recordamos que todas aquelas residencias de maiores que aínda non contan ca dose da vacina é porque están superando un brote de covid-19 importante.

AVANTAR ACTIVIDADES