O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén reúnese por videoconferencia cos alcaldes de San Cristovo de Cea e Laza

  • O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse por videoconferencia cos alcaldes de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e de Laza, José Ramón Barreal,  cos que analizou as principais demandas destes municipios en relación á Administración autonómica.

AVANTAR ACTIVIDADES

No caso do municipio de San Cristovo de Cea, os principais asuntos que repasaron foron en materia de abastecementos, infraestruturas e turísticos. Neste último caso, o delegado destacou a inversión da Xunta dun1 M€ na reforma dun espazo de acollida a peregrinos e a construción dun novo albergue de 40 prazas no mosteiro de Oseira.

En canto a Laza, Gabriel Alén tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor, José Ramón Barreal, temas prioritarios para o municipio en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros. Deste xeito, Gabriel Alén fixo referencia ao convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia para a realización de actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no concello e de promoción do entroido.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.