O concello de Ribadavia convoca un concurso de mecos dende o fogar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este ano, o concello tomou a decisión de suspender todas as actividades lúdicas do entroido en Ribadavia. Dende a administración non queren que unha data con tanta tradición na vila quede esquecida, polo cal organizan este concurso para que a ledicia do entroido chegue aos fogares.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O concurso contará con tres premios, o primeiro de 100 euros, o segundo de 60 euros e o terceiro de 40 euros. Valorarase o mellor meco elaborado con material de refugallo e premios ós máis orixinais e divertidos.

As bases completas están dispoñibles na páxina web do concello (www.ribadavia.es). As inscricións están abertas ata o día 14 de febreiro e o concurso terá lugar ata o día 21. As fotografías deberán enviarse ó correo electrónico casacultura@ribadavia.es.