Podemos pide incluír nos orzamentos varias partidas para reforzar os servizos sociais

O impacto económico e social nos fogares do Carballiño está sendo devastador, e non só en fogares vulnerables, senón tamén en familias que nunca tiñan pisado os servizos sociais. Aseguran que a xestión municipal desta pandemia está sendo nefasta, e poñen como exemplo a xestión das axudas do primeiro bloque de medidas que se prometeran.

No eido dos servizos sociais piden a creación dun Fondo de Garantía Social Municipal por valor de 300.000 € no borrador do orzamento municipal xeral de este 2021, para cubrir os gastos de primeira necesidade dos veciños e outra partida de 200.000 € de axudas directas a traballadores por conta allea cun salario mínimo inferior ós 950€ ó mes; a creación dunha liña telefónica que preste atención as persoas maiores, vítimas de violencia machista e/ou axuda psicolóxica operativa as 24 horas do día; a realización dun Plan de Emprego Local de Traballo, a creación de un protocolo de Asistencia a Xente sen Fogar e a elaboración e publicación/exposición pública dun documento que recolla todas as directrices, axudas e subvencións ofrecidas polas distintas Administracións.

AVANTAR ACTIVIDADES