Ribadavia baixa ata os 27 casos activos e Leiro comeza a remitir, con 53 casos totais

O brote declarado no xeriátrico de Leiro que afectaba a case todos os residentes e 15 traballadores continúa a remitir. O número de afectados no concello,  con especial incidencia neste brote, baixa hoxe do total de 61 casos a 53. Este brote está a producir un retraso da administración da vacina, sendo unha das poucas residencias da provincia que aínda non conta coas dúas doses.

Ribadavia presenta hoxe 27 casos activos, seis menos ca na xornada de onte. O concello de Melón conta con 10 casos activos. Cenlle e Beade manteñen hoxe cinco casos activos. Avión sobe hoxe dos catro ós sete positivos e Arnoia sobe ós tres casos. Carballeda de Avia conta con dous casos activos e Cortegada con un so caso. Castrelo de Miño era onte o único concello do Ribeiro que non ten ningún caso de coronavirus e onte rexistrou un contaxio.

AVANTAR ACTIVIDADES