A Xunta outorgou en 2020 axudas económicas a case mil vítimas de violencia de xénero

  • A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe en Santiago de Compostela o balance da atención ás vítimas da violencia de xénero
  • En 2020 houbo que lamentar o asasinato de tres mulleres, as mesmas que no ano anterior, aínda que para a Xunta a única cifra admisible é cero vítimas
  • Aínda que o pasado ano baixou o número de denuncias por violencia de xénero, Lorenzana subliñou que “ non cabe o espazo para a congratulación ata que se produza a erradicación total deste fenómeno”.
  • Galicia é a única Comunidade que conta cun apoio mensual de ata 800 euros para a independencia económica das vítimas, que en 2020 chegou a 639 mulleres
  • As axudas de pago único para mulleres con especiais dificultades para obter un emprego case se duplicaron
  • Lorenzana puxo en valor os recursos complementarios que a Xunta ten a dispor das vítimas para a inserción laboral, a atención psicolóxica e o asesoramento xurídico