O Estado condena a Ourense a “tragar” cun proxecto de intermodal indigno

Os nacionalistas califican este feito como oportunidade histórica perdida e pídenlle ao PSOE de Ourense que diga si avala esta herdanza do PP, tal e como está disposto a facer o Goberno do Estado

 O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense manifesta o seu rexeitamento aos plans do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana plasmados hoxe no BOE, onde a Dirección Xeral de Planificación e Avaliación da Rede Ferroviaria da luz verde a proposta de estación presentada no 2014 polo PP.

AVANTAR ACTIVIDADES

Un ano 2014 no que sen xustificación algunha se modificou o emprazamento inicial das vías, as cales figuraban ao carón da rúa río Arnoia ao ser esta a mellor solución para salvar o desnivel existente e permitir deste xeito eliminar a fenda histórica entre os barrios da Ponte e o Vinteún.

Para o BNG o que está acontecendo coa estación intermodal é o exemplo perfecto de para que serven as forzas galegas de obediencia estatal, pois tanto PP como PSOE levan xogando con Ourense e mudando o seu posicionamento en función de se gobernan no Estado ou de se están na oposición, ainda que neste caso en concreto coincidan.  A historia da chegada do AVE a Galiza ten sido, durante máis dun terzo de século, unha interminábel cronoloxía de reproches, promesas incumpridas e mentiras.

Os nacionalistas piden que a sociaedade de Ourense reaxa e non asuma con resignación o que está proxectado porque sería un desastre e suporía un retroceso para esta cidade. Hai preguntas que deben ser contestadas.

Porqué motivo se modificou o trazado das vías, que inicialmente ían ao carón da rúa río Arnoia, tal e como definía o proxecto primixenio de Fomento?

Porqué coas vías ao caron de río Arnoia, non se libera, uns 100 mil metros de solo, que debera ser dotacional para a cidade e non urbanizable?

Porqué se manteñen as mercadorías na cidade?

Logo de ser condenados pola Xunta de Galiza cunha estación de autobuses que é unha auténtica aberración urbanística, agora dannos o golpe definitivo cun proxecto pouco ou nada funcional e nada amable coa cidade.

O BNG fai un chamamento para que se articule unha posición de cidade na defensa dun proxecto de integración que resolva os problemas existentes e se adapte ás necesidades de Ourense, ao tempo que se comprométese a ser a voz da mesma nas institucións.

Por último, os nacionalistas piden que se deixe de mentir á veciñanza e se fale claro. O “verdadeiro” AVE, non vai chegar a Ourense ate que non estea en funcionamento a variante exterior, que non é ningún capricho, senon o derradeiro tramo da vía dupla, “toda ela en variante”, que se inicia en Olmedo e debe finalizar na nosa cidade.

Variante exterior que como acaba de recoñecer o ADIF, ao falar da posibilidade de que esta infraestrutura poida optar a financiamento dos Fondos Europeos, non conta cos fondos suficientes nos Orzamentos Xerais do Estado, motivo polo cal o BNG presentou unha emenda en relación con esta cuestión, emenda que foi rexeitada polo Goberno Central.