O PSOE de Castrelo dará os hostaleiros a retribución dos plenos da súa única concelleira

Dende o Partido Socialista de Castrelo, sendo conscientes da situación que está a atravesar os sectores económicos a raíz da pandemia da covid, cren que todos debemos colaborar, na medida das nosas posibilidades. Por iso, dende a agrupación queren axudar humildemente e de xeito desinteresado, aportando a tódolos establecementos hostaleiros do Concello o importe percibido polas asistencias que a única concelleira recibe de plenos e comisións (100€ por asistencia) dende xuño do año 2020 ata a actualidade, a repartir proporcionalmente entre todos eles.

O abono de ditas cantidades á concelleira inda se encontra en estado de tramitación máis,  no momento que se fagan efectivas,  serán entregadas presencialmente ós 6 establecementos hostaleiros do Concello de maneira proporcional.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o Partido Socialista consideran que esta aportación, pese a ser probablemente insuficiente para axudar a este sector, é sumamente necesaria e por iso facemos extensible esta iniciativa ó resto de concelleiros da corporación municipal.