Teletraballo ao 50 % na Deputación de Ourense ata o 17 de febreiro como medida fronte ao COVID-19

Videoconferenca para a constitución do novo comité de seguimento da Covid-19. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e ViceSecretario da Deputación Ourense).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe unha resolución na que a institución provincial establece entre as medidas de prevención específicas ante a pandemia do COVID-19 manter en vigor todas as autorizacións de teletraballo outorgadas na deputación ata actualidade, e establece unha porcentaxe xeral do 50 % das persoas empregadas públicas do ente provincial en réxime de prestación do servicio a distancia ou teletraballo. Dita porcentaxe poderá modificarse por causas motivadas en cada xefatura de servizo. 

Neste sentido, as instrucións ditaranse por cada Dirección de Area, ou Dirección de Centro de Traballo ou polo respectivo responsable, e o ámbito temporal abranguerá ata o vindeiro 17 de febreiro de 2021, data incluída, sen prexuízo que poida ser prorrogada por resolución da Presidencia. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O pleno do pasado venres aprobou a ordenanza reguladora de teletraballo para os empregados públicos da deputación, unha normativa que ten como obxectivo acadar un mellor desempeño do traballo, favorecendo a conciliación profesional, persoal e familiar a través da flexibilidade para realizar o traballo desde o domicilio.  

Saúdos,