Accidente aparatoso en Julio Rodríguez Soto

Sobre as 16.00 h da tarde de hoxe, produciuse un accidente de tráfico na avenida Julio Rodríguez Soto do Carballiño. Un vehículo deu unha volta de campá.
Polo de agora, a información que ten este medio a través da Policía Local é que, a pesar de cómo quedaou situado o vehículo, a conductora saíu polo seu propio pé do vehículo e foi trasladada ó centro de saúde. O seu estado, segundo fontes cercanas ó suceso, non revestia gravedade.

A conductora do vehículo Renault Clío, con iniciais S.M.G de 35 anos de idade, que colisionou ás 16:00 horas desta tarde na avenida Julio Rodríguez Soto do Carballiño, resultou positiva no test de alcoholemia. A Policía Local investigou como se producira os suceso, aclarando que a conductora, ó facer a curva, colisionou contra un vehículo branco aparcado e logo volcou. As autoridades informan de que o caso pasará directo ó xulgado, xa que a conductora cuadruplicaba a taxa de alcoholemia permitida e será multada cunha retirada do carnet de conducir por tempo determinado.

AVANTAR ACTIVIDADES