Gonzalo Caballero amosa o seu “compromiso” con Castro Caldelas, un dos pobos máis bonitos de España

O secretario xeral mantén unha xuntanza de traballo coa alcaldesa para abordar as necesidades do concello no plano dos servizos sociais e do desenvolvemento económico

Castro Caldelas (Ourense), 5 de febreiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Castro Caldelas para abordar coa alcaldesa, Sara Inés Vega, as necesidades do que é un dos pobos máis bonitos de España.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ao termo, Gonzalo Caballero amosou o seu “compromiso” con esta vila e sinalou que a Xunta ten que actuar no plano dos servizos sociais e do desenvolvemento económico.

Así, urxiu o acondicionamento do centro de saúde, así como a posta en marcha dun plan de mellora dos camiños complementaria á concentración parcelaria e avanzar no estudio do proxecto termal.

Ademais, o líder do PSdeG incidiu na necesidade de levar adiante o proxecto de eficiencia enerxética e o estudo da reforma do tráfico na vila, e avanzou iniciativas parlamentarias para apoiar o desenvolvemento de Castro Caldelas.

Nesta xuntanza tamén participaron o secretario provincial do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, e do deputado ourensán Juan Carlos Francisco.