O delegado territorial da Xunta Gabriel Alén reuniuse co director de administracións públicas e grandes empresas no territorio norte de Telefónica España

  • O delegado territorial manifestoulle a necesidade de seguir a construír unha conectividade inclusiva e sostible, e sexa esta, un piar fundamental de desenvolvemento que evite a fenda dixital

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo esta maña unha reunión telemática co director de Administracións Públicas  Grandes Empresas no Territorio Norte de Telefónica España, Manuel Ángel Alonso.

Durante case unha hora abordaron temas estratéxicos de tecnoloxía e comunicación para a provincia de Ourense, como foi o da cobertura 5G e os últimos avances tecnolóxicos, que abranguen a case o 98% da poboación de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial manifestoulle a necesidade de seguir a construír unha conectividade inclusiva e sostible, e sexa esta, un piar fundamental de desenvolvemento que evite a fenda dixital. Pola súa banda, o director de Administracións Públicas  Grandes Empresas no Territorio Norte de Telefónica España, agradeceulle a receptividade da administración galega e manifestoulle que a pretensión da súa compañía é que en 2025, España estea ao 100% cuberta con fibra óptica, ademais do 5 G, e dado o protagonismo que está a adquirir a dixitalización “queremos poñer ao servizo da sociedade a nosa experiencia neste campo