UNED Ourense celebra este mes un curso de aproximación teórica e práctica á violencia obstétrica

Terá lugar os días 17, 18 e 19 de febreiro en liña

Este curso quere realizar unha introdución ao concepto e realidade da Violencia Obstétrica, ofrecendo unha aproximación teórica e práctica que leve tamén a reflexión acerca de a necesidade da súa visibilización e prevención para sanar e cambiar cara a un paradigma médicoasistencial que coide as mulleres e os seus bebés en un momento tan importante como o embarazo e parto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Celebrarase do 17 ao 19 deste mes. Consta de 30 horas lectivas e ofrece 1,5 créditos ECTS. As sesións serán en liña de acordo co seguinte programa:


O mércores, día 17, Andrea Rodríguez Freire, psicóloga xeral sanitaria e psicóloga perinatal, disertará , de 09.30 a 11.30 horas, sobre A Violencia Obstétrica como Violencia de Xénero, definición do concepto, marco teórico desde o que se define, dereitos da muller e a infancia, perspectiva de xénero e repercusión social, lexislación.

Definición violencia de xénero, definición Violencia Obstétrica, activismo, dereitos da muller, infancia. Tras ela falará Iria Carnoto Figal, psicóloga xeral sanitaria e psicóloga perinatal. O seu relatorio versará sobre Acompañamento, parto normal vs parto traumático, modelo médico asistencial, o acompañamento ao parto na actualidade.


Pola tarde, desde as 16.30 a 18.30 horas, Natalia Guedella Sebastián, psicologa certificada en Saúde Mental Perinatal, expoñerá o Modelo xerárquico, burnout, perspectiva de xénero. Tras este relatorio a mesma docente comezará outra para explicar as Consecuencias para a nai, bebé, parella e profesionais. Consecuencias a curto, medio e longo prazo. Parto traumático, trauma bicario efectos separación nai-bebé. Psicopatología do posparto asociada á Violencia Obstétrica: TEPT, DPP, TAG, disociación. Vivencia do trauma, trauma bicario, separación nai bebé. Repercusións na sexualidade.

O xoves 18, María Begoña Pérez Vázquez, enfermeira especialista en xinecoloxía e obstetricia (matrona), intervirá ás 09.30 para expoñer as consecuencias profesionais.

E ás 11.30, ata as 13.30 horas desenvolverase unha mesa redonda titulada Prevención da violencia obstétrica. Grupos de apoio persoal sanitario, humanizar a atención, protocolos, formación, supervisión, cambiar paradigma… Intervirán Andrea Rodríguez, María Begoña Pérez e Elena Gil Rodríguez, traballadora social e representante en Galicia da asociación O Parto é Noso.

Xa pola tarde, Natalia Guedella falará de Intervención: Ámbito social.

A última xornada, prevista para o venres, 19, iniciarase cunha intervención de Cristina Fariñas Lema, psicóloga xeral sanitaria, psicoloxía perinatal, especialista en cambios e emocións durante o embarazo, soño infantil.

Tamén en terapia EMDR, psicoterapia así como en igualdade de xénero en contornas laborais, asistencia a mulleres vítimas de violencia de xénero. Falará durante toda a mañá achega do tratamento coa técnica EMDR, psicoterapia, factores de protección, duelos. E pola tarde, Ana María García Fernández, avogada, responsable de FEMLEGAL, despacho especializado en dereitos as mulleres, igualdade e violencia de xénero, referirase ao asesoramento xurídico dentro do marco legal contra este tipo de violencia.

A matrícula con modalidade de COLEXIADOS é para profesionais colexiados no ámbito sociosanitario e xurídico (Enfermería, Educación Social, Traballo Social, Psicoloxía, Medicina, Dereito etc). Para confirmar a matrícula teñen que enviar copia do carné profesional ou certificado do colexio profesional ao correo: cursos@ourense.uned.es.

A matrícula modalidade ESTUDANTES é para estudantes distintos ao ámbito da UNED/UNED (Universitarios, Ciclos FP, etc). Para confirmala teñen que enviar copia da matrícula do curso 2020-2021 ao correo: cursos@ourense.uned.es. O prezo da matrícula ordinaria é de 70 euros; o de estudantes UNED/UNED, o de colexiados e outros estudantes, é de 50 euros. O prazo acaba este venres, 5. Para matricularse hai que entrar na ligazón: https:// extension. uned.es/actividade/22958