O representante do Goberno autonómico analizou co rexedor os temas municipais relacionados coa administración autonómica
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.
Esta mañá mantivo unha reunión co alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez, co que tratou temas prioritarios para o municipio en materia ambiental e aproveitamento hídrico, entre outros.
Asemade, Gabriel Alén aproveitou esta xuntanza para trasladarlle a recente adxudicación do acondicionamento de camiños en O Pazo e As Quintas por importe de preto de 50.000 euros ao abeiro do Plan de Investimentos Rurais da Consellería de Medio Rural.