O PP denuncia que máis de 2.000 familias ourensás esperan desde hai seis meses polo ingreso mínimo vital

O Goberno denegou dúas de cada tres solicitudes de axuda presentadas na provincia

Os deputados Ana Vázquez e Celso Delgado esixen ao Goberno maior eficacia “fronte á caótica e lenta xestión destas axudas”, pedindo medidas urxentes e drásticas para axilizar a tramitación.

AVANTAR ACTIVIDADES

●    Na provincia presentáronse 5.627 solicitudes, das que tan só se tramitaron 3.623 e únicamente se aprobaron 1.179. “É dicir, que o Executivo denegou o 67,45 % das solicitudes tramitadas, xusto cando vivimos unha grave situación de vulnerabilidade  económica e social ocasionada pola COVID-19”, afirma Ana Vázquez.

Os deputados do Partido Popular Ana Vázquez e Celso Delgado esixen ao Goberno maior celeridade e eficacia na tramitación e resolución das solicitudes do ingreso mínimo vital presentadas na provincia, unha axuda pola que aínda esperan desde hai seis meses un total de 2.004 familias ourensás, denuncian os representantes populares no Congreso, sinalando que o Executivo está a denegar dúas de cada tres solicitudes.

Logo das iniciativas parlamentarias desenvolvidas polos deputados ourensáns e segundo os datos facilitados polo Goberno -nunha recente resposta parlamentaria- na provincia presentáronse 5.627 solicitudes para percibir o ingreso mínimo vital, das que só se tramitaron 3.623 e únicamente se aprobaron 1.179. “É dicir, que o Executivo denegou o 67,45 % das solicitudes tramitadas xusto cando vivimos unha grave situación de vulnerabilidade  económica e social pola COVID-19”, afirma Ana Vázquez.

O 10 de xuño de 2020 o Partido Popular apoiou no Congreso a convalidación do Real Decreto-lei 20/2020, de 29 de maio, polo que se establece o ingreso mínimo vital, “e por iso temos toda a lexitimidade para esixirlle a Sánchez e Iglesias que poñan fin á caótica e lenta xestión destas axudas, adoptando medidas urxentes e drásticas para axilizar esta tramitación, porque esta situación vai para longo malia á chegada da esperada vacina”.

Ana Váquez lembra a proposta do PP para que se transfiran ás comunidades os recursos necesarios para resolver en tempo e forma as axudas. “Fronte á ineficacia do Goberno, Galicia, como o resto de comunidades autónomas, xa contaba con rendas básicas de inserción e sabe como xestionalas; e tampouco é unha fórmula imposible posto que o Goberno de Sánchez si cedeu esta xestión ás comunidades de Cataluña, País Vasco o Navarra”.

Os deputados ourensáns sinalan que seguirán a esixir unha tramitación áxil das axudas, facilitando a xestión de toda a documentación requirida e a súa tramitación, “que só é telemática malia que moitas persoas non teñan acceso a este sistema”.