Manolo Blanco foi un dos integrantes do Club Parroquial Veracruz, a agrupación que creou nos anos 67 e 68 a revista A Verdade. Tratábase dunha publicación na que se recollían temas diversos, a través de cartas, escritos ou poemas, e na que se pretendía reflectir unha realidade da época. Agora, moitos anos despois, buscan recuperar os números ou textos alí escritos. E para iso fan un chamamento a todo aquel que poida ter algún exemplar.
VIDEO