Carballiño baixa ata os 104 contaxios. Beariz e O Irixo están libres de coronavirus

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 167, pola baixada que se produciu no Carballiño e en menor medida noutros concellos.

Nesta vila, hoxe os datos baixan e o fan ata os 104, catro casos activos menos. Se nos fixamos nos novos contaxios producidos nos últimos 14 días, a cifra sobe con respecto a onte ata os 106 (-4).

AVANTAR ACTIVIDADES

O seguinte concello da comarca con mais casos é o de Maside, que subiu esta fin de semana ós 25 contaxiados. San Cristovo de Cea subiu esta fin de semana dos 14 ós 17 contaxios. E despois Boborás, que mantén 11 casos dende o venres.

San Amaro baixou un caso ata os 3 contaxiados. Punxín subiu ata os 6 casos activos. Piñor baixou ata ter un so caso e Beariz e O Irixo mantéñense libres de coronavirus.