Leiro e Ribadavia contan con 26 casos activos de covid cada un, estabilizando o descenso

O brote declarado no xeriátrico de Leiro que afectaba a case todos os residentes e 15 traballadores descende a bo ritmo. O número de afectados no concello,  con especial incidencia neste brote, baixa hoxe dos 30 do venres ós 26 de hoxe.  

Ribadavia presenta hoxe 26 casos activos, un menos ca na xornada de onte. O concello de Melón mantén os 7 contaxios. Avión mantén os 8 casos que sumaba onte e Beade segue con 5 casos activos. Cenlle mantén 4 casos activos e Arnoia 3. Carballeda de Avia e  Castrelo de Miño teñen un caso activo cada un e Cortegada é o único concello libre de coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES