O delegado territorial de la Xunta en Ourense,
Gabriel Alén, continúa ca súa rolda de encontros institucionais tras tomar
posesión como novo representante da administración autonómica na área
territorial.
Nesta ocasión, desprazouse ó concello de Beade onde
mantivo unha reunión co seu alcalde, Senén Pousa, na que analizaron as principais
demandas deste municipio en relación á administración autonómica. En concreto, o
rexedor trasladoulle ó delegado territorial a necesidade de mellora da rede de
infraestruturas viarias locais. Alén destacou as aportacións en materia de
promoción do deporte e infraestruturas sanitarias, entre outras.