Rosendo Fernández, secretario xeral do PP de Ourense “A exclusiva ambición de poder de socialistas e populistas pon a Ribadavia no camiño do abismo”

·      A veciñanza de Ribadavia goza desde xuño de 2019 “dun goberno estable, sólido e críble, cun alcalde formado, respectuoso e dialogante”, que nestes vinte meses de mandato “non só foi quen de rematar cos estranos pactos que agora se reeditan, senón que cumpriu con creces unha das súas principais promesas electorais: poñer fin ás pésimas relacións institucionais cunha política limpa, transparente e de achegamento ao resto de administracións”.


AVANTAR ACTIVIDADES

O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, afirma que non hai motivo algún para promover unha moción de censura en Ribadavia, operación que só responde “a exclusiva ambición de poder de socialistas e populistas” e que, segundo advierte “pon ao concello no camiño do abismo”.

Rosendo Fernández subliñou que a veciñanza de Ribadavia goza desde xuño de 2019 “dun goberno estable, sólido e críble, cun alcalde formado, respectuoso e dialogante”, que nestes vinte meses de mandato “non só foi quen de rematar cos estranos pactos que agora se reeditan, senón que cumpriu con creces unha das súas principais promesas electorais: poñer fin ás pésimas relacións institucionais cunha política limpa, transparente e de achegamento ao resto de administracións”.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, “é quen de presentar un balance positivo da súa acción de goberno neste tempo, desbloqueando proxectos de importancia para o concello como a rehabilitación do centro de saúde ou a mellora de infraestruturas, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, respectivamente”. Unha normalidade institucional “alonxada da anterior etapa socialista, onde primaba o descualificación, o enfrontamento permanente e a ausencia de liderado”.

O poder polo poder, engade o secretario xeral dos populares, “nin é nin será xamais xustificación algunha para una moción de censura, unha ferramenta abxecta ou legal para o PSOE según os seus únicos intereses partidistas, que agora terán que motivar e na que baixo ningún concepto poderán dicir que se sustenta nunha pretendida falta de goberno”.

“Que mágoa –apuntou Fernández- que se poña en marcha unha operación destas características contra un alcalde que estaba á altura de Ribadavia, e máis aínda por parte dun exalcalde e muñidor da moción de censura, o señor Gómez, que ten que tragar co seu veto como candidato”