
O comité clínico reuniuse, como cada semana, este martes, para analizar a evolución da pandemia en Galicia, onde se rexistra dende fai varios días unha tendencia descendente dos casos activos e os contaxios, pero non nas UCIs.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que esta semana descártase ampliar as restricións ou aliviar as que están vixentes na actualidade ata o próximo día 17. Feijóo asegurou que ve posible que para a próxima semana se poida efectuar algún alivio.