Orense mantén a tendencia á baixa, reducindo os casos totais en menos dos dous millares

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 489 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 18.452, baixando a cifra en preto de 800 casos dende onte. A pesares de que estas cifras amosan recuperación, a preocupación segue estando nos hospitais, aínda que hoxe melloran as cifras. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 248 (-6) persoas na UCI, e 1.030 (-33) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístrase unha xornada con cifras moi esperanzadoras. Contamos con 51 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 105 casos, a maior baixada das últimas semanas, ata os 1.991 casos totais. Os hospitais hoxe amosan certa preocupación na unidade de críticos, aínda que estables en pranta, contando con 151 (-10) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e soben ata os 20 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES