A Plataforma Galega do Comercio Ambulante manifestarase mañá en Santiago de Compostela

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Plataforma Galega do Comercio Ambulante convoca a todos os comerciantes deste sector en Galicia a unha manifestación, mañá ás 11:00 horas en Santiago de Compostela. Entre os lemas que poñen por diante están que non se rexistrou ningún brote en mercados ó aire libre, a suspensión das feiras 24 horas antes e o cobro de taxas pese a non haber actividade ou a falla de involucración dos concellos ca súa problemática.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Recordamos que o inicio desta loita foi que a Valedora do Pobo comprometeuse a estudar o caso do incumprimento do D.O.G. por parte de 90 Concellos que tomaron a decisión de suspender a feira/mercado, estando autorizadas por Sanidade.

Entre os concellos da nosa contorna que aseguran que non cumpren ca normativa está O Carballiño, Castrelo de Miño e Cortegada. Pola contra, os que afirman que sí cumpren co DOG son Avión, Carballeda de Avia, San Cristovo de Cea, Ribadavia, Maside e Piñor.