Leiro presenta a maior reducción de casos da comarca hoxe, pasando dos 23 ós 13 contaxios activos

O número de afectados no concello de Leiro pasa dos 23 de onte ós 13 de hoxe, cunha acuciante baixada de dez casos. A situación comezou a remitir a pasada semana e rexistrouse o pico máximo o día 30 de xaneiro, con 87 casos. O alcalde do concello falounos hoxe da situación pola que pasaron e das medidas implementadas.

Ribadavia presenta hoxe 15 casos activos, un menos ca na xornada de onte. Ribadavia presentou o seu pico máximo o 27 de xaneiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello de Melón baixa un caso ata os 4 contaxios. Avión sobe un caso ata os 7 casos activos e Beade baixa un ata os 4 casos activos. Cenlle baixa tamén un ata os 3 casos activos e Arnoia conta con 3 casos tamén. Carballeda de Avia baixa hoxe para contar cun so contaxio e  Castrelo de Miño teñen un caso activo cada un. Cortegada é o único concello libre de coronavirus.