O concello asfalta a estrada que une Batallás e a Medela

O Concello do Carballiño ven de acometer a substitución do firme da estrada que une os pobos de Batallás e A Medela. A obra, que conta cun orzamento de 18.148,72 euros, permitirá arranxar unha vía que presentaba un deterioro importante e suporá, ademais, a mellora da seguridade da mesma.

Asemade, dende o Concello do Carballiño apuntan que esta obra forma parte do plan municipal de melloras do rural, que persegue a búsqueda dunhas condicións óptimas para a vida no mesmo. Tamén animan á veciñanza a que se instale ou facilite a ocupación nun entorno que presenta aspectos moi positivos e que, ca pandemia, aumentou considerablemente a súa demanda.

AVANTAR ACTIVIDADES