O concello exime ó comercio ambulante da taxa por posto na rúa este ano

O concello do Carballiño emitiu hoxe un bando informativo no que informan de que o prazo de presentación da solicitude de renovación da autorización de venda ambulante para as feiras está aberto dende onte, 10 de febreiro, ata o 21 de maio. A documentación que se debe achegar deberá entregarse xunto ca solicitude no rexistro xeral do concello.

Ademais, informan ós titulares dos postos de venda ambulante que por decisión plenaria e como medida excepcional pola covid-19, acordouse suspender temporalmente a taxa correspondente para este ano, de xeito que neste 2021, o custo por poñer un posto na xornada de feira é de cero euros.

AVANTAR ACTIVIDADES