O cribado deixa tres positivos entre as 1.229 persoas que acudiron á convocatoria

O cribado realizado o pasado martes pola tarde deixa un total de tres positivos asintomáticos. Esta cifra supón unha incidencia de 244 casos por cada 100.000 habitantes. O cribado transcorreu sen incendias, con persoal da Policía Local, do Grupo Municipal de Emerxencias e de Protección Civil, que garantían que non se producisen aglomeracións.

A principal finalidade destes cribados é a de detectar as persoas asintomáticas e a de facer unha avaliación aleatoria de como se atopa o municipio. Este é o segundo cribado nesta vila en dez días, motivado polo estancamento na evolución da pandemia, contraria á tendencia da provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

No primeiro cribado realizáronse 638 test de antíxenos que  deixaron cinco positivos. E 666 PCR que se saldaron con 9 positivos máis. A participación global foi de 1.304 persoas dos dous milleiros convocados, o que se traduce nun 65,2%, unha acollida maior ca no cribado do martes, ó que acudiron 1.229 persoas, cunha participación global do 61,4%.