O IES nº1 celebra o Día da Muller e a Nena na Ciencia con varias actividades

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para celebralo, os departamentos de ciencias do IES Nº1 organizaron distintas actividades para visibilizar ás mulleres científicas, proporcionar roles femeninos no ámbito da ciencia e fomentar as vocacións científicas entre as máis novas.

O obxectivo é axudar a romper as barreiras que encontran as mulleres e as nenas na ciencia. Con esta finalidade promoveuse a celebración desta data no mundo, gracias a súa proclamación por parte da ONU no 2015.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste centro educativo fixeron varias actividades que engloban a diferentes departamentos. Entre eles, o de Bioloxía, no que os estudantes de 4º da ESO realizaron cómics de mulleres científicas e visionaron curtos das súas biografías. O departamento de Anatomía de 1º de Bacharelato elaborou un muro, onde cada bloque se representa por unha frase célebre dunha cintífica. Esta actividade pretendía amosar que a ciencia se constrúe grazas ás aportación femininas tamén. Tamén fixeron un vídeo e uns carteis nos que se representaba os premios Nobel acadados por mulleres neste ámbito.

O departamento de matemáticas, co alumnado de 2º da ESO, visionou vídeos elaboraborados polo profesorado das carreiras STEM do Campus de Ourense da UVigo para coñecer a traxectoria de mulleres cintíficas. Co alumnado de 4º da ESO analizaron o filme “Figuras ocultas”, que trata de ver como a muller permanece na sombra a pesar dos seus descubrimentos.