Un resbalón cóstalle a fractura dunha perna a unha veciña do Carballiño

A media mañá de hoxe, unha veciña do Carballiño sufría unha caída ó cruzar o paso de peóns que une a rúa Conde Vallellano ca rúa Monxardín. O feito produciuse a causa dun resbalón na baixada da rúa dando paso ó paso de peóns, causa da choiva sobre unha tapa de servizo subterráneo.  A muller, que ronda os 75 anos de idade, fracturouse unha perna ( afecta a tibia e peroné ) nesta caída, e foi trasladada en ambulancia ó Hospital de Ourense no momento no que aconteceron os feitos.

Ata o lugar desprazouse a Policía Local, que asegurou que nunca ocorrera ningún suceso nese punto, pero que a perigosidade desa tapa era notable e que non debería estar ubicada xusto no rebaixe da berarrúa, xa que provoca inestabilidade e máis en días de choiva.

AVANTAR ACTIVIDADES