Unha carballiñesa enfronta unha estafa bancaria por parte de Google Ireland

Aínda que non é un fraude moi extendido, en España xa se deron casos de cargos en contas bancarias baixo o nome de Google Ireland. O timo comeza con ingresos de cantidades pequenas. Unha vez feito iso, obteñen o acceso á conta bancaria a través dunha confirmación de datos. E deste xeito é cando a conta se expón a que lle fagan cargos de cantidades máis grandes. A Unión de Consumidores de Asturias encontrouse cun caso dun octoxenario ó que lle fixeron un cargo de parte de Google Ireland de 188 euros. No Carballiño, unha veciña sufriu o mesmo caso por parte desta empresa, aínda que ó darse conta cedo, non chegaron a facerlle un cargo maior. Fixéronlle dous ingresos de 25 céntimos e un de 7 céntimos baixo o nome da Diocese de Burgos, e todos foron devoltos.

As oficinas bancarias recomendan que, unha vez que o ingresan, se devolvan. Se non se devolve, a seguinte vez que intentan facer un ingreso e se intente denunciar non se poderá facer, xa que o contrato será vinculante e non será considerado roubo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén se están dando outros tipos de fraude a través do teléfono móbil. Nestes outros casos, a través dun hácker envían mensaxes en nome dunha compañía de transporte cun enlace, que ó facer click teñen ó acceso ós nosos datos. Neste caso, as autoridades recomendan non entrar nese enlace.