Galicia afianza a tendencia á baixa e atópase preto de descender ata os 15.000 casos de covid-19

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 603 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 15.894, baixando a cifra en preto dun millar de persoas dende onte. Estas cifras amosan unha tendencia positiva, resaltada na última semana, e preto de aproximarse . A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 228 (-6) persoas na UCI, e 856 (-55) ingresados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístrase unha xornada con cifras moi esperanzadoras. Contamos con 52 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 130 casos, a maior baixada das últimas semanas, ata os 1.569 casos totais. Os hospitais hoxe amosan estabilidade, contando con 137 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 18 (=) na UCI.