O Concello de Maside quere recoñecer a gran labor que durante anos están a realizar os compoñentes das distintas comparsas do noso concello. É por elo, que neste Entroido tan atípico queren darlle a todos e cada un deles as grazas pola ilusión, os ánimos, a alegría, a diversión, o traballo, e o esforzo ano tras ano para facer desfrutar do Entroido. Aseguran que se por algo o Concello de Maside se pode enorgullecer é por ter uns veciños que viven con paixón esta tradición, e elo vese reflexado cada ano nas comparsas do Bardelás, Os Arrieiriños de Dacón, os Azucarados de Maside e por suposto ós Felos. E como agradecemento o Concello de Maside outorgará unha subvención a estes catro grupos que manteñen vivo o lume do Entroido en Maside. Todos eles recibirán 150 € como recoñecemento á súa labor, de mans do alcalde o vindeiro martes de Entroido no concello de Maside.
Ademais, aínda que este ano non haberá desfile, animan a todos os veciños a que se disfracen no seu fogar e compartan as imaxes con todos.