O concello mantén a feira do luns, restrinxida a agro e alimentación

Co fin de reforzar as medidas de prevención e restrinxir ao máximo a mobilidade entre municipios co obxeto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación, conter os contaxios e evitar a súa propagación o concello toma a decisión de suspender todas as actividades da feira para o día 15 de febreiro excepto as actividades de agro e alimentación.

As últimas feiras celebradas no concello seguiron esta mesma liña, tratando así de reducir ó mínimo a interacción social pero sen eliminar por completo o mercado.

AVANTAR ACTIVIDADES