V Premios Paraugas: a primeira edición virtual dos Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia

IES CHAMOSO LAMAS

Nesta edición outorgáronse 18 galardóns que recoñecen as boas prácticas no eido da impresión e da edición, do deseño, da creatividade, do marketing e do marketing dixital, da comunicación e, por vez primeira, da organización de eventos

Máis de 60 conexións, actuacións musicais por sorpresa e centos de participantes que seguiron a gala en streaming constatan o éxito da primeira edición virtual dos Premios Paraugas, celebrada este venres 12 de febreiro a partir das 21:00 horas.

HIPER MASIDE

Nesta edición outorgáronse 18 galardóns que recoñecen as boas prácticas no eido da impresión e da edición, do deseño, da creatividade, do marketing, do marketing dixital, da comunicación e, por vez primeira, da organización de eventos.

Un dos principais obxectivos dos Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia, creados en 2016 polo Clúster da Comunicación, é servir de plataforma para a difusión do talento dos profesionais do sector. Por iso, despois do aprazamento no pasado mes de novembro da gala presencial que cada ano ten lugar en Expourense, a Xunta Directiva do Clúster da Comunicación de Galicia, xunto cos patrocinadores e cos colaboradores desta edición, decidiron celebrar unha gala de entrega de galardóns de forma online, que permitira outorgar os premios de xeito seguro, cumprindo coas medidas restritivas aprobadas polas autoridades sanitarias para o actual período.

“Aínda que esta vez o celebramos de maneira diferente, quixemos festexar esta quinta edición dos Premios Paraugas para recoñecer un ano máis a todos os profesionais que contribúen decisivamente á prosperidade do sector e que demostran así todo o talento que temos na casa”, afirma Xosé Luis Reza, presidente do Clúster da Comunicación de Galicia.

Os 52 proxectos finalistas seleccionáronse entre as máis de 250 candidaturas presentadas e, como nas edicións anteriores, o xurado estivo formado por profesionais de dilatada experiencia e de recoñecido prestixio no sector.

Relación de premiados

 

A continuación, detállanse os proxectos distinguidos no marco de cada unha das categorías:

Categoría Impresión e Edición (patrocinada por HP Indigo)

Categoría Edición

Premio Paraugas ao Mellor Libro

  • O pacto do Letargo. O tríscele roubado. Gráficas Anduriña

Premio Paraugas ao Mellor Catálogo Publicitario

  • Catálogo Iluminación 2020. Tecsoled. Meraki Creatividad

Categoría Impresión

Premio Paraugas ao Mellor Traballo Comercial

  • Recetas para conservar otros 150 años (Albo). Wired & Linked

Categoría Deseño (patrocinada por GAIN)

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico

  • Restyling da marca 1906. Cervezas 1906 – Hijos de Rivera   

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto

  • Power Bike P2R. Pablo Iglesias – Lavelle Bikes                      

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital

  • Web Arturo Álvarez. Teiga, Studio        

Categoría Creatividade (patrocinada por ICON)

Premio Paraugas á Mellor Creatividade Gráfica

  • Naipes Agencia Gráfica. Desescribir – Álvaro Valiño – Cibrán Rico – Suso Vázquez

Premio Paraugas á Mellor Creatividade Audiovisual

  • Navidad de Bigotes. Nueva Pescanova

Premio Paraugas á Mellor Execución de Idea

  • #DígochoEu. Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)

Categoría Marketing Dixital (patrocinada por PuntoGAL)

Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Marketing Dixital

  • Bonilla a la Vista: una transformación digital de cine. Visual Publinet

Premio Paraugas á Mellor Campaña de Produto ou Servizo

  • Navidad de Bigotes. Nueva Pescanova

Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media

  • Husqvarna España – redes sociais. Nasas

Categoría Comunicación (patrocinada por Galicia Calidade)

Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa

  • Bonilla a la vista-Parásitos. Eme Comunicación-Wise

Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna

  • El Cluedo. Wired & Linked                    

Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial

  • Camino Sostenible. Miramemira          

Categoría Marketing (patrocinada por Avante Evolumedia)

Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’

  • Manifiesto (La Resistencia se une a La Resistencia). Estrella Galicia – Hijos de Rivera

Premio paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Produto

  • Brocha de afeitar Edición Limitada A Rapa das Bestas. Carlos Conde Peluqueros

Categoría Eventos (patrocinada por TAC)

Premio Paraugas ao Mellor Evento

  • ECAI 2020 – Programa social virtual. Trevisani

O Premio Paraugas á Mellor Acción Relación/Escoita ao Cliente (da categoría de Marketing-Premios Avante Evolumedia) quedou deserto. O xurado considerou que ningunha das candidaturas presentadas cumpría cos criterios de valoración establecidos nas bases dos V Premios Paraugas.

Mencións especiais

O xurado da categoría de Marketing quixo destacar cunha mención dúas obras por consideralas un gran expoñente da adaptación da creatividade e das estratexias de marketing ao contexto COVID, e por iso outorgaron un “Recoñecemento Especial do Xurado” a: SON Galicia, de Estrella Galicia, e tamén a Súper Feirón, da Xunta de Galicia.

Ademais, o xurado da categoría Eventos tamén quixo darlle un recoñecemento especial ao proxecto Galicia MICE, de Trevisani, por ser unha verdadeira panca para dar a coñecer as posibilidades de Galicia non só como sede, senón tamén como promotor de eventos.

Patrocinadores e colaboradores

Os V Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing de Galicia contan co patrocinio de entidades e empresas como HP, ICON, PuntoGal, Avante Evolumedia, Galicia Calidade, TAC!, GAIN (Axencia Galega de Innovación) e a Deputación de Ourense.

Nesta edición tamén colaboran Atelier Gráfica Visual, Miraveo, Atlántica Centro de Arte, Esmerarte, Cultura Activa, Aceites Abril, Markea, Dircom Galicia, Creatividade Galega e OPC Galicia (ademais de contar co apoio do Igape).