As residencias retomarán as visitas 10 días despois de completar as dúas doses da vacina

A Xunta rematou onte, domingo, a primeira fase da campaña de vacinación contra a covid, centrada no colectivo prioritario: os usuarios e traballadores das residencias de maiores e de persoas con discapacidade. Na pasada semana, os equipos sanitarios puxeron a segunda dose aos últimos usuarios e traballadores dos centros que non tiveron gromos recentemente. As residencias que si tiveron gromos serán vacinadas tan pronto se normalice a situación.

Deste xeito, xa está vacinado o cen por cen do persoal e dos residentes da práctica totalidade das residencias da comunidade. O presidente da Xunta anunciou que todas as residencias que completasen o ciclo de vacinas hai 10 días, poderán ter 3 visitas á semana con dous familiares de referencia.

AVANTAR ACTIVIDADES