Espazo Común critica ao Alcalde por facilitar os orzamentos á prensa antes cá oposición

O ALCALDE FUMEGA FAI O QUE CRITICABA CANDO ESTABA NA OPOSICIÓN E CONVIRTE A SÚA MAIORÍA NUNHA ABSURDA DITADURA DA MENTIRA E A DEMAGOXIA NEFASTA PARA O CARBALLIÑO

No ano 2012 acusaba ao daquela alcalde de “desfachatez e falla de respecto” por facilitar os orzamentos á prensa antes cá oposición. En 2021, el fai exactamente o mesmo.

AVANTAR ACTIVIDADES

A súa promesa de facilitalos, polo menos, 20 días antes do pleno, vai para a papeleira do lixo como a gran maioría dos seus compromisos con oposición e veciños.

Corría o ano 2012 no Carballiño, Argimiro Marnotes do PP era alcalde con maioría absoluta dende había un ano e avanzaban os meses sen ter novas sobre orzamentos para ese mesmo exercizo.

Ata que un día de maio apareceron, sen previo aviso, numerosos detalles da proposta en varios medios de comunicación.

O PSOE daquela na oposición, enterouse así das liñas xerais dun dos documentos máis importantes, se non o máis, para o funcionamento dun concello.

A reacción de Fumega, daquela xefe da oposición non se fixo agardar e remitiu un comunicado atacando duramente a actitude de Marnotes.

Dicía no mesmo que “por primeira vez en moitos anos, se daban a coñecer antes os orzamentos á prensa que á oposición”, o que consideraba “unha desfachatez e unha falla de respecto”. Engadía que “ven demostrando dende o principio do seu mandato que, polo feito de ter maioría absoluta, pensa que ten patente de corso para facer e desfacer ao seu antoxo e saltarse os cauces mínimos de normalidade insitucional”.

Calificaba o comportamento do daquela rexedor coma unha “ditadura municipal. A actitde de Marnotes coa oposición é propia dun político de fai moitos anos, concretamente de antes de 1975”.

O comunicado remitido aos medios remataba criticando “as tentativas do alcalde de subirse o soldo, as mentiras, os catro meses que leva sen respostar ás preguntas feitas pola oposición en pleno e, coma guinda, dous soldos para dous concelleiros do seu grupo que pagamos todos co encarecemento da contribución”.

Tristemente, Fumega é un exemplo demasiado evidente daquela máxima de fai o que eu digo pero non o que eu fago.

No día de hoxe, atopamos nun xornal detalles específicos dos orzamentos para 2021. Folga dicir que, polo menos en Espazo Común, non recibimos ningunha información previa. Nin unha soa.

Polo tanto, para non extender moito esta nota de prensa, onde no 2012 Fumega poñía Marnotes, poñan vostedes mesmos o nome do actual alcalde do Carballiño e xa queda todo perfectamente explicado.

Só engadiremos os calificativos de “cínico” e “dono dunha dobre moral que fai moito dano a este pobo” porque ademáis do lamentable comportamento cos orzamentos, incumpre a súa propia palabra de facilitarnolos con 20 días de antelación para ter tempo de analizalos e poder así facer propostas.

Da suba de soldo do alcalde, das mentiras, dos 22 meses sen repostar ás preguntas en pleno e dos catro concelleiros con soldo pagados coa suba do IBI xa non fai falla nin falar.

A crúa realidade é que hai máis mentiras en calquer frase ou acción de Fumega que en tódalas películas de Pinocho xuntas.