Galicia baixa máis de dous milleiros de casos activos nesta fin de semana

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 345 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 13.052. Trátase da mellor cifra de descenso de todo o que vai deste ano. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 224 (-4) persoas na UCI, e 792 (-64) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístranse 17 xornadas consecutivas de descenso. Contamos con 30 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 95 casos, ata os 1.217 casos totais. Os hospitais descenderon as súas cifras esta fin de semana, contando con 103 (-34 fin de semana) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 15 (-3) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES