O Colexio de Traballo Social reclama a vacinación do seu colectivo por orde de prioridade e exposición

O Colexio de Traballo Social de Galicia asegura que dentro do Plan de Vacinación Galego establecíase  unha orde cronolóxica dos grupos de poboación a vacinar. Dentro deses grupos, aseguran que  os Servizos Sociais foron declarados como traballo esencial durante esta pandemia. Recordan que os profesionais e os usuarios neste eido estiveron en exposición ó virus dende o principio.

Tendo en conta estas premisas, piden que se sigan as recomendacións do plan de vacinación  e que se proceda a vacinar a profesionais de traballo social, tanto os que traballan nos servizos sociais coma nos servizo sanitarios e sociosanitarios.

AVANTAR ACTIVIDADES