A memoria do país pide a retirada da cruz falanxista de Celanova

Ferrín, Alonso Montero, os fillos de Celso Emilio, Pepe Velo e Luís Soto, máis de 50 entidades e colectivos que traballan pola memoria histórica e os principais historiadores e investigadores do país, entre as máis de 200 sinaturas que apoian a iniciativa do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova

LIGAZÓN PARA ASINAR O MANIFESTOhttps://forms.gle/a2v7c8G4M5Mhf4HH7

AVANTAR ACTIVIDADES

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova promove nun manifesto a eliminación do monumento fascista da cruz dos caídos levantada en 1939 por falanxistas no Outeiro da Obra, en Celanova. O Comité advirte que este símbolo é unha exaltación pública e visíbel do golpe de Estado de 1936 contra a legalidade republicana, a guerra e a represión política durante a ditadura franquista, polo que está afectado pola Lei estatal de Memoria Histórica, e pedirá a súa retirada polo órgano competente que sinala a mesma lei, o Concello de Celanova.

O manifesto que se fai público este 16 de febreiro -coincidindo coa data das últimas eleccións da Segunda República- está apoiado pola práctica totalidade das entidades de memoria histórica da Galiza así como por outros colectivos que traballan neste ámbito, e inclúe asociacións de Asturias, Castela e León, Madrid e Euskadi. Entre os asinantes do manifestos figuran 2 ex presidentes da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xesús Alonso Montero, os fillos de figuras destacadas do republicanismo e o galeguismo na República e na posguerra, como Francisco Xabier e Luis, fillos de Celso Emilio Ferreiro; Víctor, fillo de Pepe Velo, que prestou o seu apoio desde Brasil; e, desde México, Luís Soto, fillo de Luís Soto, que acompañou a Castelao na xira diplomática en defensa da República durante a guerra.

PREMIOS CELANOVA E HISTORIADORES. Entre as máis de duascentas adhesións recibidas desde principio de mes están 5 personalidades distinguidas co Premio Celanova Casa dos Poetas (o escritor Manuel Rivas e os actores Luís Tosar e Isabel Blanco, ademais de Ferrín e Alonso Montero) e os principais historiadores da memoria histórica e investigadores das tres universidades do país. Entre eles, Aurora Marco, Bernardo Máiz, Dionísio Pereira, Xosé Manuel Núñez Seixas (coordinador da comisión no Parlamento galego sobre a recuperación do Pazo de Meirás), Lourenzo Fernández Prieto, Uxío Breogán Diéguez, os autores de ‘Meirás, un caudillo, un pazo, un espolio’, Carlos Babío e Manuel Pérez, que serviu de base documental para a demanda do Estado por Meirás, Antón Mascato, Eliseo Fernández e Carlos Méixome. Para o Comité é unha honra contar coa adhesión e os consellos de activistas incansábeis na loita pola memoria das vítimas como Manuel Monge e Telmo Comesaña, e no ámbito máis próximo Carlos Morais e David Simón.

INTELECTUAIS. O manifesto tamén está asinado por intelectuais como María Xosé Queizán, Ramón López Suevos, Margarita Ledo ou Nemesio Barxa, entre outros; xunto a personalidades principais da cultura como as poetas Eva Veiga e Yolanda Castaño, as escritoras Ledicia Costas, Marga do Val, Ramón Caride e Antón Riveiro Coello, entre outras; a cantante Carme Penim e o pianista Maurizio Polsinelli, o escultor Caxigueiro e o deseñador Xosé Vizoso, autor do Mural do Furriolo, que se comprometeu a restaurar coa axuda do Comité.  
Ademais, entre as 219 sinaturas iniciais do manifesto, están as de Anxo Angueira, actual presidente da Fundación Rosalía, e de Xilberte Manso, vicerreitor do Instituto de Estudos Miñorans, ambos mestres no Instituto de Celanova.

Polo seu labor de recuperación da memoria histórica ourensá, o Comité agradece especialmente apoios como o do profesor Xosé Manuel Cid e de historiadores e investigadores como Ricardo Gurriarán Rodríguez, Xerardo Dasairas e Edelmiro Martínez Cerredelo, entre outros.

NOVAS ADHESIÓNS. No manifesto que agora se presenta para recoller novas adhesións, singularmente entre a veciñanza de Celanova e da Comarca de Celanova, o Comité indica que “o Concello debe cumprir a lei como primeiro paso no recoñecemento da dignidade das vítimas do franquismo e co horizonte de satisfacer os principios de verdade, xustiza e reparación que impulsan o labor dos colectivos memorialísticos ao abeiro das Nacións Unidas”. E convida ás veciñas e veciños de toda a comarca “a levantar o manto de silencio que tapa as biografías de todas aquelas persoas que desde o seu desempeño profesional, vital e político promoveron os valores republicanos antes de 1936 e que foron represaliados polos golpistas e o poder ilegal que se instaurou no Estado durante as catro décadas seguintes”.

Por último, desde o texto, os adherentes e o Comité alentan o debate democrático que xurdirá após da “eliminación do símbolo fascista que alimentou o medo durante máis de oitenta anos” como “unha oportunidade para dialogar co pasado, sobre todo con ese pasado que se nos negou: o das vítimas, como eses 7 últimos presos fusilados pola Bandera de Falange de Marruecos en setembro do 39, e cos legados de personalidades como Luís Soto, Pepe Velo, Celso Emilio ou Xulio González [mestre executado en Verea], entre outros e outras que foron borradas da historia”.

Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova

LISTA de adhesións ao manifesto recibidas até o 15 de febreiro

1. Xosé Luis Méndez Ferrín. Escritor e profesor. Ex presidente da RAG 2. Xesús Alonso Montero. Catedrático, escritor e ex presidente da RAG 3. Francisco Xavier Ferreiro Loredo. Presidente Fundación Celso Emilio Ferreiro 4. Luis Ferreiro Loredo. Director Fundación Celso Emilio Ferreiro 5. Víctor José Velo Pérez. Licenciado en Física. Brasil 6. Luís Soto García. Economista. México 7. Carmen Tagüeña Parga. Presidenta Emérita do Ateneo Español de México 8. Xosé Vizoso Fernández. Deseñador 9. Xosé Manuel Cid. Profesor 10. Manuel Rivas. Xornalista e escritor 11. María Xosé Queizán Vilas. Escritora e profesora 12. Isabel Blanco Picallo. Actriz e premio Celanova Casa dos Poetas 13. Luis Tosar. Actor e premio Celanova Casa dos Poetas 14. Ramón Nicolás Rodríguez. Docente, crítico e escritor. Biógrafo de CEF 15. Telmo Comesaña. Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. 16. A Oliveira de Teo, asociación para a recuperación da Memoria Histórica e patrimonio inmaterial 17. ACC Terra de Outes 18. A Gentalha do Pichel. Compostela 19. Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A Coruña 20. Agrupaçom Cultural O Facho. A Corunha 21. Amigos da República. Ourense 22. ARMH Galicia 23. Asemblea Republicana de Vigo 24. Asemblea Republicana Galega 25. Asociación Agroma Sober 26. Asociación Amigos de Johan Carballeira de Bueu 27. Asociación Cultural Afonso Eanes da Comarca de Barcala 28. Asociación Cultural Cultura Aberta. Carral 29. Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón de Casardeita 30. Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. Sada 31. Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto. Cangas 32. Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. Ferrol 33. Asociación Cultural Obradoiro da História de Ordes 34. Asociación Cultural Vieiros de Oleiros ( A Coruña) 35. Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo (Lugo) 36. Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH) 37. Asociación pola Memoria e Dignidade do 36 de Mos 38. Asociación pola Memoria Histórica do Grove 39. Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín 40. Asociación Salamanca Memoria y Justicia 41. Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 42. AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) 43. Ateneo Ferrolán 44. Blog Búscame en el ciclo de la vida 45. Centro Social Autoxestionado A Cambalhota de Allariz 46. Centro Social A Galleira. Ourense 47. Colectivo A Ragaduxa pola memoria histórica de Vilaboa 48. Colectivo Capitán Gosende de Cerdedo-Cotobade 49. Colectivo Republicano de Redondela 50. Colectivo Republicano Tercer Milenio de Madrid 51. Comisión pola Memoria ‘Sinhor Afranio’ 52. Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña 53. Comité pola Memória Histórica do Val do Límia 54. Federación Asturiana Memoria y Republica (FAMYR) 55. Fundación Celso Emilio 56. Fundación Moncho Reboiras 57. Fundaçom Artábria. Ferrol 58. Iniciativa Cidadán da Memoria Historica de Vilagarcia 59. Iniciativa Galega pola Memoria Histórica 60. Instituto de Estudios Miñorans de Gondomar 61. Instituto de Estudos Masónicos (IEMG) 62. Memoria Histórica de Valga 63. O Faiado da Memoria. Vilagarcía 64. Plataforma Vasca contra los crímenes del franquismo 65. Proxecto Cárcere. A Coruña 66. Asociación Por la Memoria Histórica de Miranda de Ebro 67. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, Lousame 68. Alberto Valín Fernández. Historiador 69. Antón Mascato. Historiador 70. Aurora Marco. Escritora e investigadora 71. Bernardo Máiz. Historiador 72. Carlos Babío Urkidi. Historiador 73. Carlos Fco. Velasco Souto. Historiador e Professor da UDC 74. Carlos Méixome. Historiador 75. Carlos Morais. Historiador 76. Carme García-Rodeja. ARMH 77. Carmen Blanco. Escritora e profesora da USC 78. Celso X . López Pazos. Presidente da Asemblea Republicana de Vigo 79. Claudio Rodríguez Fer. Escritor e profesor da USC 80. David Simón. Investigador e autor do blog Diario de un médico de guardia 81. Dionísio Pereira González. Historiador 82. Dolores Varela Salgado. Docente e feminista 83. Edelemiro Martínez Cerredelo. Historiador local. Xinzo da Limia 84. Eduardo Rodríguez Sáiz. Profesor de Historia no ensino secundario 85. Eladio Anxo Fernández Manso. Historiador 86. Eliseo Fernández. Historiador 87. Elvira Souto Presedo Docente xubilada. Asemblea Republicana de Vigo 88. Félix García Yáñez Historiador e concelleiro de Riada Cidadá en O Barco de Valdeorras. 89. Fernando Souto. Presidente da CRMH A Coruña 90. Francisco Javier Quintas. Delegado da Fundación Luis Tilve e Secretario do IEMG 91. Gabriel Rodríguez, historiador e arquivista 92. Guillerme Pérez Agulla. Fundación Luís Tilve 93. Hadrián Fernández Alvarado, historiador e membro do IEMG 94. José Gómez Alén. Catedrático de Ensino Medio e historiador 95. J. Alberto Corral Iglesias. O Facho 96. José Manuel Vieira. Profesor universitario xubilado. AC MH 28 Agosto 97. Julio Lisandro Cañón Voirin. Historiador 98. Lourenzo Fernandez Prieto. Catedrático e director do Dep. de Historia. USC 99. Luis Chapela Bermúdez. Escritor e investigador 100.Luis Suárez-Carreño. Comuna de Presxs e Represaliadxs do Franquismo 101.Manuel Fernández Pita. Presidente da MHD Ferrol 102.Manuel Monge. Sociólogo, investigador e ex presidente da CRMH A Coruña 103.Manuel Pazos Gómez. Historiador 104.Manuel Pérez Lorenzo. Historiador 105.Margarida Ledo Andión. Profesora e cineasta 106.María Torres. Investigadora histórica. Blog Búscame en el ciclo de la vida 107.Matias Rodriguez da Torre, profesor Silleda 108.Miguel Gómez. Vigo. Comuna de Presxs e Represaliadxs do Franquismo 109.Montse Fajardo. Xornalista 110.Nemésio Barxa. Advogado. Da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislazom 111.Óscar Freán. Catedrático Historia, Université Lyon 2 112.Pablo Sánchez. Presidente da AC Follas Vivas Lois Antón de Casardeita 113.Ramón López Suevos. Docente xubilado. Asemblea Republicana de Vigo 114.Raúl Soutelo Vázquez. Historiador, profesor en Noia e membro do G.I Hispona da USC 115.Ricardo Gurriarán Rodríguez. Historiador 116.Rose-Marie Serrano. París. Amigos de los Republicanos Españoles 117.Silvia Rosende, e son investigadora de HISTAGRA, USC. 118. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. Director da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña 119.Valentín García Bóveda. Empresario e vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda 120.Xabier Bugeiro. Historiador. 121.Xerardo Dasairas Valsa. Historiador 122.Xilberte Manso de la Torre. Vicedirector do Instituto de Estudos Miñorans 123.Xoán C. Chillón Iglesias. Mestre xubilado. AC MH 28 Agosto 124.Xoán X. Mariño Reino. Presidente da ACC Terra de Outes 125.Xosé Álvarez Castro. Historiador e autor do blogue Pontevedra nos anos do medo 126.Xosé Estévez. Historiador. Profesor Emérito da Universidade de Deusto 127.Xosé Lois Gómez García. Historiador e profesor ensino medio. Ponteareas. 128.Xosé Manoel Nuñez Seixas. Historiador 129.Xosé María Alvarez Cáccamo. Escritor 130.Xosé Ramón Ermida Pazos. Investigador 131.Xosé Ramón Veiga. Departamento de Historia, Área de Historia Contemporánea USC. 132.Antón Riveiro Coello. Escritor 133.Anxo Angueira Viturro. Profesor e escritor 134.Bieito Iglesias Araujo. Escritor 135.Bruno Lopes Teixeiro. Desenhador Gráfico. Fundaçom Artábria 136.Camilo Camaño Xestido. Artista plástico. Memoria Histórica 28 de Agosto-Cangas 137.Carlos da Aira Fernández. Programador informático 138.Carmen Penim, cantante, compositora e ensinante 139.Maurizio Polsinelli, compositor e pianista 140.Caxigueiro. Escultor 141.Celso Fernández Sanmartín. Narrador oral 142.Cesáreo Sánchez Iglesias. Escritor, presidente da AELG 143.Emilio Xosé Ínsua. Escritor 144.Enrique Barrera Beitía. Secretario da MHD Ferrol 145.Eva Veiga. Poeta 146.Francisco Cadaval Ayaso, Quico Cadaval. Teatreiro 147.Francisco Castro. Director xeral de Galaxia e escritor 148.Jorge Emilio Bóveda Álvarez. Escritor e mestre de inglés no ensino público 149.Jorge Luis María López. Secretario de Dereitos e Liberdades do PSdG-PSOE 150.Ledicia Costas. Escritora 151.Luis Sergio Pazos Huete. Actor e presentador 152.Marga Romero Lorenzo do Val. Escritora 153.Mercedes Queixas Zas. Docente, escritora e deputada do BNG 154.Plataforma Galega pola Terceira República 155.Ramón Caride Ogando. Escritor 156.Raúl Gómez Pato. Poeta e tradutor 157.Suso Díaz. Poeta 158.Xavier Vence Deza. Profesor da USC 159.Xosé Luis Rivas ‘Mini’. Cantautor e deputado do BNG 160.Xurxo Souto Eiroa. Músico e escritor 161.Yolanda Castaño. Poeta 162.Alba Iglesias García. Estudante. Xuventudes Socialistas de Ourense 163.Ana María Rodríguez. Restauradora de Bens Culturais. A Bola 164.Arantxa Tirado Sánchez, Politóloga 165.Arximiro Villar González. Profesor e escritor 166.Avelina Rodríguez Garcìa. Cartelle 167.Avelino González Fernández. Actor 168.Bieito Sousa Rodríguez. Filósofo 169.Brais González. Estudante. Xuventudes socialistas de Ourense 170.Carlos Cimadevila Álvarez. Profesor xubilado 171.Clara Silva Méndez. Ourense. Filóloga 172.Delfín Caseiro Nogueiras. Inspector de educación 173.Duarte Ferrín Iglesias. Violinista 174.Emilio Romero Lorenzo. Profesor xubilado 175.Fernando Ocampo Montesino. Xubilado. MHD Ferrol 176.Francisco González Conde. Xubilado 177.Francisco Lores. 178.Gonzalo de Lucas. Porto do Son 179.Gonzalo Méndez Martínez. Profesor. Universidade de Vigo 180.Gregorio Ferreiro Fente. Profesor de ensino medio 181.Gualteria Pintos Barreiro. Xubilada 182.Ieltxu Marcos Campomar 183.Ignacio Solla Covelo. Chapela. Redondela 184.Ignacio Suárez Carnota. Noia 185.Iván Losada. Estudante. Xuventudes socialistas de Ourense 186.Jesús Giráldez Rivero. Profesror de Historia Económica. USC 187.José Giráldez. Madrid. Mestre xubilado 188.José Luis Cendón Montes. A Merca. Fotógrafo 189.Julio Pacheco Yepes. Impresor. Asemblea Republicana de Vigo 190.Lois Pérez Díaz. Mestre e narrador oral 191.Luís Pérez Rodríguez. Profesor xubilado de ensino medio e avogado 192. Manuel Mella Márquez. Catedrático xubilado na UCM, foi tenente de alcalde do Ayuntamiento de Madrid 193.Manuel Monteagudo. Escritor. Vigo 194.Manuel Portas Fernández. Profesor e escritor 195.María De los Milagros Cortés Nogueiras. Avogada 196.María Rodríguez Garcìa. Cartelle. Mestra xubilada 197.María Rosa López Fernández. Profesora 198.Miguel Ángel Gómez Álvarez 199.Óscar Pazos Rodríguez, xeólogo, de Vigo 200.Pablo Alonso Alcalde. Fareiro. Asemblea Republicana de Vigo 201.Pablo Mayoral Rueda. Xubilado 202.Paula Fdez. Franco, estudante, graduada en Historia, Ames. 203.Paula Vázquez Verao. Historiadora e activista cultural 204.Pedro Antelo Santamaría. Administrativo. ACC Terra de Outes 205.Rosa María García Alcón. Nutricionistas. Asemblea Republicana de Vigo 206.Rubén Compés Molina. Auxiliar de Enfermaría. A Bola 207.Teresa de Jesús Pazos Huete. Allariz. Enfermeira 208.Victoria Campomar Otazua 209.Xabier Paz Canalejo. Biólogo pesqueiro xubilado 210.Xosé María Dios Diz. Médico. Outes 211.Xurxo Doval. Secretario xeral Xuventudes Socialistas Ourense 212.Xurxo Sierra Veloso. Funcionario 213.Yoel Arcelle. Estudante. Xuventudes socialistas de Ourense 214.Ana Mosquera Fernández. Presidenta da Agrupación Xosé Velo 215.Anxo Ferreiro Currás. Xubilado 216.Rosa Cal Martínez. Profesora xubilada 217.Jesús E. Minguet Burgos. Debuxante 218.María Ángeles Trabazo. Xubilada 219.Benito Laiz Castro. Xubilado. Madrid. La Comuna