A terceira vaga de covid en Galicia comeza a remitir, baixando ós 11.742 casos activos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 323 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 11.742. Trátase da mellor cifra de descenso de todo o que vai deste ano. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 187 (-37) persoas na UCI, e 737 (-55) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístranse 20 xornadas consecutivas de descenso. Contamos con 17 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 89 casos, ata os 1.020 casos totais. Os hospitais descenderon as súas cifras, contando con 93 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 15 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES