A Xunta anuncia 20 novas Casas Niño en Galicia na visita á primeira delas, a de Maside

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que o Consello da Xunta aprobará mañá unha nova orde de axudas para a creación de 20 casas niño no rural. Foi durante unha visita realizada esta mañá ao centro situado no concello ourensán de Maside, un dos primeiros de Galicia, na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do alcalde, José Manuel Iglesias, que lle transmitiu a necesidade de crear un Punto de Atención á Infancia ante a cantidade de nenos que hai na vila.

Trátase da sexta convocatoria de casas niño que o Goberno galego impulsa desde o ano 2016, cando se crearon estas pequenas escolas infantís, totalmente gratuítas para as familias, en pequenos concellos do rural. A conselleira lembrou que coa posta en marcha destes 20 novos centros, Galicia contará antes de rematar o ano cun centenar de casas niño espalladas por toda Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES