A Xunta activa mañá o segundo Plan de Rescate para autónomos e PEMES

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da liña xenérica de axudas -a dirixida a persoas traballadoras autónomas e microempresas-  do 2º Plan de Rescate da Xunta. A orde de axudas dirixida aos establecementos hostaleiros e outros negocios pechados desde xaneiro -como ximnasios ou parques infantís-, publicarase no DOG o próximo luns.

O segundo Plan de Rescate da Xunta está dotado con 75 millóns de euros, dos que 60 millóns corresponden á convocatoria publicada hoxe, e 15 millóns á liña específica destinada á hostalaría e negocios pechados.

AVANTAR ACTIVIDADES

Todas as axudas do segundo Plan de Rescate son complementarias e acumulables ata un máximo de 15.700  euros por negocio, e compatibles cos importes recibidos no primeiro plan. Deste xeito, un negocio que se beneficie de ambos programas poderá percibir en catro meses axudas que van dun mínimo de 3.400 euros ata un un máximo de 24.200 euros.

As persoas traballadoras autónomas e microempresas poderán solicitar os apoios desde mañá, e durante o prazo dun mes. Para acceder ás axudas deberán acreditar baixadas de facturación en 2020 de polo menos o 45% fronte aos datos de 2019.