A Xunta someterá a modificación do plan parcial do polígono de Ribadavia a avaliación ambiental

Así se conclúe no informe ambiental estratéxico que acaba de emitir ao respecto a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (DXCASCC), que considera necesario avaliar máis en detalle os efectos sobre o medio que poden derivarse do planeamento proposto.

Este parque empresarial está emprazado nunha área ambientalmente sensible da veiga do río Avia, unha zona inundable e protexida no Plan hidrolóxico do Miño-Sil.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por esta razón, solicitouse informe á Confederación hidrográfica da conca, que indicou que se debe garantir a suficiencia do abastecemento e do saneamento. Ademais, ao localizarse o polígono en zona inundable, débese atender tamén ás limitacións de usos e o Regulamento do Dominio Público Hidráulico.

O parque empresarial de Ribadavia foi promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no ano 1998, establecendo para o seu desenvolvemento tres fases de execución. Na actualidade falta por executar a fase tres.