O BNG demanda a colaboración “urxente” do concello para a vacinación do SAF

Tras ter coñecemento da notificación feita pola Xunta de Galiza mediante a cal se solicita a colaboración do concello do Carballiño para poder proceder á vacinación do persoal do SAF, a voceira do BNG, demanda explicaciónspor esta demora inxustificada da administración local, que considera unha falta de consideración cara o persoal dun  servizoesencial.


 “O BNG  insta  a que se traslade de inmediato toda  a información do persoal do SAF, tal e como se lle requeriu pola Xunta de Galiza” manifistou a voceira do BNG, Sofía García. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A voceira do BNG manifestou que esta falta de premura na tramitación dunha documentación que xa foi solicitada hai medio mes constitúeunha falta de respeto cara o persoal do SAF, un servizo esencial e constantemente expostoa risco de contaxio, polo que non é xustificabeleste retraso.

 Porén para o BNG xa non só cabe que se proceda coa maior axilidade tras este escandaloso acontecemento desde a institución municipal, senon que procede que o alcalde e o equipo de goberno den as pertinentes explicacións  á maior brevidadeposible das causas deste desleixo no gobernodo Carballiño, que induvidabelmente pon en risco a estas traballadoras. Esta neglixenciasitúa o noso concello entre os últimos da provincia en ser vacinados a pesar de ser o segundo concello da provincia e a princiapalvila de Ourense, manifesotu García.