Ourense baixa do millar de casos activos e Galicia enfila o descenso chegando case ós 10.000 casos totais

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 307 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 10.908, preto dun millar de casos activos menos ca onte. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 180 (-7) persoas na UCI, e 683 (-54) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístranse tres semanas consecutivas de descenso. Contamos con 20 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 85 casos, ata os 935 casos totais, baixando do millar de casos totais por primeira vez no que vai de ano. Os hospitais descenderon as súas cifras, contando con 91 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 13 (-2) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES