Ribadavia conta co primeiro Banco para o Peregrino e a primeira concha que guía o Camiño Miñoto

O concello de Ribadavia segue traballando na promoción e difusión do Camiño Miñoto Ribeiro. A instalación do Banco Informativo chamado “BanPe”, Banco Peregrino, xa foi executada aproveitando o paso do camiño por Sampaio, unha zona turística polas súas vistas.

Os peregrinos poderán facer un descanso, ademáis de facer unha “selfie” cunhas magnificas vistas do Miño.

AVANTAR ACTIVIDADES

O banco ademais de sinalizar o camiño, ten un código QR que contén información do camiño e da vila (patrimonio, natureza, actividades culturais….).

Tamén quedou instalada a primeira “Concha do Peregrino” na rúa Ribeiro de Ribadavia para guiar aos peregrinos/as. O concello anuncia que se colocarán outras polo casco histórico da vila.