Nota informativa dos grupos municipais de Ribeiro en Común e PSdeG-PSOE.

Bo día, envíamos posición dos grupos municipais de Ribeiro en Común e PSdeG-PSOE. 


Hoxe o Conselleiro de Sanidade visitou o edificio do Centro de Saúde de Ribadavia. Pedímoslle desculpas ao Señor Conselleiro por non ter participado, a única causa está en que non fomos convocados nin informados polo actual alcalde de dita visita.

O noso interese máximo era de ter participado. No pasado mes de setembro parabenizabamonos pola inclusión nos Orzamentos da Xunta da tan reivindicada Reforma do Centro de Saúde de Ribadavia. Reivindicada durante anos por nós cando o PP votaba en contra da mesma.

PUBLICIDADE ELECTORAL

Desde entón aínda non chegou ningún documento oficial nin proxecto sobre a reforma, a pesar de estar solicitado.Os concelleiros e concelleiras de Ribadavia quereríamos trasladarlle ao Conselleiro de Sanidade moitas das reivindicacións que temos rexistrado nestes meses, sobre melloras en protocolos COVID, melloras no sistema de rastreo e melloras no servizo sanitario de Ribadavia, unha pena que nos impediran participar, a semana que ven solicitarémolo como Concello de Ribadavia. 

Por suposto, non imos entrar en polémicas institucionais, nunca o faremos porque cremos na cooperación entre institucións, pero o que si reclamaremos é que a reforma debe vir acompañada de reforzo nos servizos sanitarios do noso Ambulatorio e PAC, algo que parece lóxico nos tempos difíciles que nos tocaron vivir.

Unha vez sexa público o proxecto de reforma estudarémolo co servizo técnico do Concello para facer as nosas achegas, que de seguro servirán para mellorar un servizo esencial, de seguro a cooperación e colaboración institucional acabará impoñéndose.