Inicio da vacina dos maiores de 80 anos no Carballiño

Hoxe comezou a campaña de vacinación para as persoas maiores de 80 anos que non viven en residencias na provincia de Ourense. En total, esta semana está prevista a vacinación de 4.400 persoas deste sector en toda a provincia, 750 na xornada de hoxe. No Carballiño, durante a mañá de hoxe, foron convocadas 55 persoas e en Ribadavia, durante a tarde, outras 55.

Hoxe estivemos ca coordinadora da campaña de vacinación, ademais de enfermeira e veciña do Carballiño, Verónica Civeira, que nos explicou como transcorreu a xornada e cales son as sensación das persoas vacinadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aínda que algúns veñen cun pouco de medo a vacinarse, a maioría están desexando que chegue este momento. Dende o servizo sanitario animan a que todos o fagan e perdan o medo.