Ourense entra no nivel tres: abre a hostalaría, mobilidade entre concellos e apertura de ximnasios

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela, 29/05/20.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu conta este mediodía das decisións tomadas polo comité clínico durante a mañá de hoxe. Na súa comparecencia fixo un repaso polas cifras da pandemia hoxe, asegurando que, aínda que os datos e a evolución son positivos, aínda non estamos nunha situación desexable.

As medidas que tomou o comité clínico pasan por dividir a comunidade galega en tres niveis, que serán aplicados nos diferentes concellos en función da incidencia acumulada que presenten. Así, o primeiro nivel é o que mantén as mesas medidas que seguen vixentes, para 17 concellos galegos, que contan cunha incidencia de máis de 500 casos por 100.000 habitantes. O nivel dous alivia en certa medida, aínda que con precaución. Estará vixente en 107 concellos con incidencia entre os 500 e os 250 casos por 100.000 habitantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por último, nivel tres, será o que se aplique en 189 concellos galegos, entre eles a maioría da provincia de Ourense. As medidas que se aplicarán aquí serán as que máis se ven aliviadas.

  • Abre a hostalaría cunha limitación interior do 30% e dun 50% no exterior. O seu horario será ata as 18:00 horas.
  • Os non conviventes poderán reunirse ata en grupos de 4 persoas.
  • Mobilidade permitida entre concellos que están no mesmo nivel de restricións.
  • Abren as instalacións deportivas, ximnasios e piscinas, cun máximo de 4 persoas non conviventes por grupo e con uso obrigatorio de máscara.

As medidas entrarán en vigor o próximo venres día 26. O DOG no que virán detallas estará dispoñible o próximo mércores ou xoves. O comité clínico reunirase de novo cada martes para analizar a evolución da pandemia e os mércores algúns municipios terán medidas máis relaxadas ou máis duras en función da súa situación.