Publicadas no BOP a convocatoria de subvencións das actuacións de rehabilitación na área de rehabilitación da zona histórica de Ribadavia e San Cristovo

A Xunta de Goberno local do Concello de Ribadavia, na sesión do 1 de febreiro de 2021, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións das actuacións de rehabilitación na área de rehabilitación da zona histórica de Ribadavia. Plan estatal de vivenda 2018-2021, Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, 17º convenio, Programa de rexeneración e renovación urbanas. As bases quedan expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello. As solicitudes de axuda deberán presentarse no prazo de seis (6) meses, contado dende o seguinte ao da publicación deste anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadavia, en sesión do 1 de febreiro de 2021, aprobou as bases reguladoras e convocatoria de subvencións das actuacións de rehabilitación na Área de rehabilitación do núcleo antigo de San Cristovo. Plan estatal de vivenda 2018-2021, Real decreto 106/2018, do 9 de marzo. 7º Convenio, Programa de rexeneración e renovación urbanas. As bases quedan expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello. As solicitudes de axuda deberán presentarse no prazo de seis (6) meses, contados dende o seguinte á publicación do presente anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES